Fai 20 anos do incendio na torre Windsor de Madrid
O caso foi sobresido pola xustiza, pero aínda quedan moitas incógnitas abertas
Era sábado pola noite cando unha columna de lume inundou a capital. Estaba ardendo a torre Windsor, de 106 metros de altura, o oitavo edificio máis alto de Madrid nese momento. Cando os bombeiros chegaron á zona, un importante centro de negocios, as lapas eran imparables
Os equipos de emerxencias tardaron máis de 24 horas en extinguir o lume, pero seguiron traballando arreo tres días máis polo risco de colapso
Non houbo falecidos, nin tampouco feridos graves. E por non haber, nin unha resposta sobre o desencadeante. Aínda así os rumores non tardaron en dispararse. Un dos que máis deu que falar partiu dun vídeo doméstico en que parecían verse dúas sombras cando xa se retiraran os equipos de emerxencias. Para os bombeiros era un reflexo dun edificio próximo. A Policía Científica non o compartía. Ata que en 2006 o caso foi sobresido pola xustiza e hoxe, 20 anos despois, aínda hai moitas incógnitas que seguen abertas.