Publicador de contidos

Publicador de contidos

O barrio da Sagrada Familia elixe as mellores orellas do Entroido coruñés

O barrio da Sagrada Familia elixe as mellores orellas do Entroido coruñés

Na procura de orixinalidade algunhas preséntanse en forma de máscara ou antiface

G24.gal 03/03/2025 20:50

O Entroido en Galicia está na rúa e tamén no prato. No barrio coruñés da Sagrada Familia celebran o seu concurso de orellas. O certame está aberto a quen queira participar. "Está aberto a todos os barrios da Coruña e da área metropolitana", di Alejandro Manteiga, vicepresidente da Asociación de Veciños e Comerciantes da Sagrada Familia. 

O único requisito é traer polo menos media ducia de orellas. Hai quen trae as feitas pola súa nai. E na procura de orixinalidade outras preséntanse en forma de máscara ou antiface.

Un xurado formado por concelleiros e concelleiras dos grupos municipais e un representante veciñal é o encargado de degustar e avaliar cal é a mellor. 

E as orellas non son as únicas protagonistas da xornada. Os máis pequenos da casa teñen o seu propio concurso. Tamén hai premio para o disfrace infantil máis orixinal. Unha festa entroideira que remata, como non, con degustación popular de orellas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade