O menor que matou o pai en Totana acoitelouno para que deixase de agredir a nai
O menor que matou o pai en Totana acoitelouno para que deixase de agredir a nai
Tamén en Murcia, detiveron unha muller por matar o pai e ferir gravemente a nai
Non transcendeu ata agora, pero ocorreu hai varios días en Totana. Un rapaz de 14 anos foi posto á disposición da Fiscalía de Menores de Murcia como presunto autor das coiteladas mortais que acabaron coa vida do seu pai. Pero tras tomarlle declaración a el e á súa familia quedou en liberdade sen medidas cautelares. A investigacion apunta a que os feitos ocorreron durante unha discusión na vivenda familiar e que o rapaz interveu coitelo en man para que o pai deixase de agredir a súa nai.
A pesar das constantes agresións que segundo a familia sufría a muller, non existían denuncias previas por violencia de xénero.
Tamén na rexión de Murcia, na localidade de Librilla, detiveron unha muller de 36 anos por acoitelar os seus proxenitores. O home faleceu e a nai está ferida moi grave. Fontes familiares confirman que a agresora sofre unha enfermidade mental que a obrigaba a medicarse e pola que estivo ingresada en varias ocasións.
O Concello de Librilla decretou dous días de loito oficial. A presunta parricida está pendente de pasar a disposición xudicial.