Detido un menor acusado de matar a seu pai a coiteladas en Totana (Murcia)
Detido un menor acusado de matar a seu pai a coiteladas en Totana (Murcia)
O presunto parricida pasou a disposición da Fiscalía de Menores
Un mozo de 14 anos, veciño da localidade murciana de Totana, foi detido pola Garda Civil como presunto autor da morte do seu pai con arma branca hai unha semana, segundo informou este xoves o instituto armado.
O menor, que foi detido o pasado martes, pasou a disposición da Fiscalía de Menores.
O pai, de 53 anos, ingresou no hospital Rafael Méndez, en Lorca, en estado moi grave debido ás feridas que lle causou o seu fillo no abdome cun coitelo, sen que os facultativos que o atenderon puidesen facer nada por salvar a súa vida.
Investígase o motivo polo que o mozo atacou a seu pai, ao parecer, durante unha forte rifa familiar.
Este parricidio coincide con outro ocorrido esta madrugada en Librilla, onde presuntamente unha muller de 36 anos asasinou cun coitelo a seu pai e deixou moi mal ferida a súa nai.