Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres mulleres mortas en dous novos casos de violencia machista

Tres mulleres mortas en dous novos casos de violencia machista

En Granada o agresor utilizou unha escopeta para matar as dúas mulleres e logo suicidouse

Un home de 75 anos estrangulou a súa parella e logo tentou sen éxito suicidarse en Fuengirola

G24.gal 29/06/2024 10:53

Un home de 34 anos matou este sábado en Zafarraya (Granada) a súa exparella, unha moza de 20 anos coa que mantiña unha relación ata hai escaso tempo, e a nai dela, de 49. Despois suicidouse.

Segundo informaron a EFE fontes da Garda Civil, o suceso tivo lugar arredor das 6:00 horas deste sábado na casa en que vivían elas. O mozo, español e con antecedentes non vinculados a violencia de xénero, segundo detallaron a EFE fontes da investigación, utilizou unha escopeta para acabar coa vida das dúas mulleres.

Segundo a principal hipótese da investigación, despois do dobre crime o home trasladouse á súa vivenda e usou a mesmo arma para suicidarse.

A nova falecida non estaba no sistema de protección a vítimas de violencia de xénero (VioGén).

Morre estrangulada en Fuengirola a mans da súa parella

Unha muller de 76 anos faleceu este venres nunha vivenda de Fuengirola (Málaga) a mans da súa parella, un home de 75 anos que supostamente a estrangulou e posteriormente tentouse suicidar inxerindo pastillas, segundo informaron este sábado fontes policiais.

Os feitos ocorreron pasadas as 23:10 horas na rúa Juan Sebastián Elcano, preto do paseo marítimo da localidade, cando Emerxencias 112 Andalucía recibiu unha chamada que pedía asistencia no interior dun domicilio, polo que o centro coordinador mobilizou á Policía Nacional e aos servizos sanitarios.

A Policía Nacional fíxose cargo da investigación que, segundo as primeiras pescudas, apunta a que o home estrangulou á muller e despois tentou quitarse a vida.

O presunto agresor atópase fóra de perigo e xa foi arrestado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade