Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xurado declara culpable de asasinato con aleivosía e roubo o acusado do crime de Tirán

O xurado declara culpable de asasinato con aleivosía e roubo o acusado do crime de Tirán

O xurado considerou que Balbino entrou na casa da vítima con intención de roubar e que a agrediu sen que a muller tivese posibilidade de defenderse

A Fiscalía mantivo a súa petición de 25 anos de prisión, á que se adheriu a acusación particular

A defensa solicitou que se lle impoña a pena no seu grao máis baixo

Imaxe do acusado, Balbino S. E. (Europa Press) Imaxe do acusado, Balbino S. E. (Europa Press)
G24.gal 04/07/2024 22:13

O tribunal do xurado conformado na sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra declarou culpable dun delito de asasinato e dun intento de roubo a Balbino S. E., procesado pola morte da súa veciña Cándida S. P., de 72 anos, en Tirán (Moaña), en xullo de 2021.

No seu veredicto, o xurado considerou probado por unanimidade que Balbino entrou na casa da vítima con intención de roubar e viu probado por maioría de oito votos que a agrediu golpeándoa, atoulle as mans e púxolle unha corda ao pescozo, causándolle a morte por asfixia, sen que a muller tivese posibilidade de defenderse.

Por outra banda, considerou non probado que o acusado, consumidor de drogas, tivese afectadas as súas capacidades volitiva e intelectiva no momento dos feitos. Igualmente, o tribunal popular tampouco viu probada a especial vulnerabilidade da vítima (argumento en que se baseaba a acusación particular para pedir prisión permanente revisable).

O xurado manifestouse contrario á suspensión da pena ou á aplicación do indulto total ou parcial.

Á vista do veredicto, a Fiscalía mantivo a súa petición de 25 anos de prisión, á que se adheriu a acusación particular. Mentres, a defensa solicitou que se lle impoña a pena no seu grao máis baixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade