Queda aberta a peóns e ciclistas a nova vía paralela ao río Louro no Porriño
Queda aberta a peóns e ciclistas a nova vía paralela ao río Louro no Porriño
O camiño, que discorre paralelo á vía do tren, contou cun investimento de máis de 400.000 euros
Desde este sábado está aberto a peóns ciclistas o novo paseo do río Louro. Trátase dun camiño paralelo á vía do tren, unha obra financiada pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en colaboración co Concello do Porriño.
O paseo dun quilómetro conta con dúas vías para as bicicletas e unha para os peóns e contou cun investimento de máis de 400.000 euros.
"Porriño necesita unha zona verde, unha zona peonil, unha zona segura e que teña a pedra do Porriño, o granito rosa do Porriño. E todo isto é o que temos aquí agora no paseo do Louro onde a xente poderá gozar realmente. Antes non existía a luminaria e hoxe a calquera hora a xente pode gozar aquí deste paseo marabilloso. Grazas á Xunta de Galicia hoxe é unha realidade. É unha primeira fase, quedan máis fases. O Concello está comprando distintos terreos a carón do río Louro. É unha primeira fase importante para o Porriño e importante para os cidadáns", conta Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño.