Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión provisional para a muller detida por matar o seu marido en Orihuela

Prisión provisional para a muller detida por matar o seu marido en Orihuela

Os feitos sucederon nunha vivenda turística onde pasaban as vacacións

A detida, de 49 anos, acoitelou presuntamente o seu marido, de 44 anos, no medio dunha discusión

G24.gal 03/08/2024 19:43

Un xulgado de Orihuela, en Alacante, ordenou este sábado o ingreso en prisión da muller de 49 anos detida o pasado venres por matar presuntamente o seu marido.

Os feitos sucederon nunha vivenda turística, onde a detida e o seu marido, ámbolos dous de nacionalidade norueguesa, pasaban as vacacións. Foi a propia muller a que alertou os servizos de emerxencia. Asegurou que comezaron unha discusión, que a súa parella a agrediu en primeiro lugar e que ela o apuñalou para defenderse da agresión.

Con eles estaban os seus tres fillos menores. A muller está investigada por un delito de homicidio. O xulgado que leva o caso ditou prisión provisional sen fianza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade