Detido o home acusado de acoitelar o cuñado en Vilaxoán
Detido o home acusado de acoitelar o cuñado en Vilaxoán
Os implicados, de entre 30 e 40 anos, son veciños da Illa de Arousa
O home acusado de asasinar a coiteladas o seu cuñado en plena rúa na localidade de Vilaxoán está xa detido na comisaría de Vilagarcía. Os axentes arrestárono no seu domicilio na Illa de Arousa sen que opuxese resistencia.
Os feitos ocorreron arredor das 19:00 horas deste venres. Os implicados, de entre 30 e 40 anos e veciños da Illa de Arousa, iniciaron unha discusión á saída dun narcopiso da localidade de Vilaxoán.
As primeiras informacións apuntan a que o enfrontamento subiu de ton e finalizou na rúa, onde a vítima recibiu varias coiteladas que terminaron coa súa vida. O suposto autor do crime fuxiu do lugar a pé para montar nun coche e fuxir. O individuo conta con varios antecedentes policiais.
Ata o lugar do crime desprazáronse varias patrullas da Policía Nacional e Policía Local, así como unha ambulancia de Urxencias Sanitarias 061.