Cargando resultados...
Os tres detidos polo asasinato de Borja Villacís pasan a disposición xudicial
Os tres detidos polo asasinato de Borja Villacís pasan a disposición xudicial
Os dous homes arrestados foron postos a disposición da xustiza en Toledo; a muller fíxoo en Madrid
G24.gal
07/06/2024 13:36
Última actualización 07/06/2024 13:57
Os dous homes sospeitosos de matar a tiros a Borja Villacís pasaron esta mañá a disposición xudicial en Toledo.
Levan detidos desde antonte, cando os atoparon en dous puntos distintos da vila de Yuncos. Un estaba agochado nunha casa e outro nun piñeiral, onde se internou fuxindo da policía.
A nai dun deles, detida o mesmo día do crime conducindo o vehículo utilizado no tiroteo, pasou tamén esta mañá a disposición xudicial, pero ela fíxoo en Madrid.