Publicador de contidos
Publicador de contidos

Golpe á 'Ndrangheta, a poderosa mafia calabresa

Golpe á 'Ndrangheta, a poderosa mafia calabresa

A operación policial rematou con 129 detidos na área de Cosenza

Atribúenselles delitos de asociación mafiosa, extorsión, lesións, narcotráfico, posesión de armas e roubos

Un axente da policía económica italiana encóntrase suspendido

Trátase da maior mafia de Italia, cunha facturación aproximada de 50.000 millóns de euros

Andrea Bruni, suposto líder da 'Ndrangheta, durante a súa detención en 2010. (EFE/Francesco Arena) Andrea Bruni, suposto líder da 'Ndrangheta, durante a súa detención en 2010. (EFE/Francesco Arena)
G24.gal 14/05/2024 14:30

A policía italiana detivo este martes en Cosenza (sur) a 129 persoas pertencentes á mafia 'Ndrangheta, unha das maiores organizacións criminais do mundo e que está acusada de conformar unha ampla rede de tráfico de drogas na parte austral do país.

Os arrestados pertencen a dúas faccións: unha denominada dos italianos e outra formada principalmente por individuos de etnia xitana, estando ambas relacionadas co narcotráfico e a asociación mafiosa, segundo informaron os Carabinieri, a policía militar italiana.

Esta macrooperación foi levada a cabo polos propios Carabinieri en colaboracion coa Guardia di Finanza (policía económica) e a Policía do Estado. Grazas ao traballo sobre o terreo e a "importante axuda dos colabores da xustiza" os investigadores descubriron que os investigados traficaban con cocaína, heroína, haxix e marihuana na cidade de Cosenza e a súa área de influencia.

Nas palabras do fiscal do caso, Vicenzo Capomolla, tamén se lle atribúe a 'Ndrangheta as "condutas de extorsión que asfixiaron a comerciantes e empresarios que operaban en Cosenza". Desta forma, a extorsión únese a lista de delitos que se lle imputan a mafia: asociación mafiosa, lesións, narcotráfico, posesión de armas e roubos con violencia.

Ademais dos 129 detidos, dos cales 109 xa están en prisión e 20 baixo arresto domiciliario, a outros 12 prohibíuselles saír do país. Por outra banda, un axente da Guarda di Finanza encóntrase suspendido tras colaborar presuntamente coa organización criminal.

Agora será a Fiscalía antimafia de Catanzaro quen se encargará de continuar cun proceso que ameaza a supervivencia dunha das maiores mafias do mundo, cuxa facturación supera os 50.000 millóns de euros segundo os expertos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade