Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre o tripulante dunha narcolancha e catro quedan feridos nunha persecución policial en Cádiz

Morre o tripulante dunha narcolancha e catro quedan feridos nunha persecución policial en Cádiz

Fuxían da Garda Civil cando a embarcación bateu contra a beira do río Guadalquivir

 Os axentes recuperaron 121 fardos de haxix

G24.gal 01/09/2024 17:56

Un presunto narcotraficante morreu e catro quedaron feridos ao accidentarse no río Guadalquivir, en Cádiz, a lancha na que fuxían da Garda Civil.

Foi o sábado pola noite, despois de que se detectara a presencia de oito narcolanchas que entraban a gran velocidade no río. Os axentes sorprenderon aos traficantes cando descargaban a droga e daquela iniciouse a persecución.

Segundo a Garda Civil, a lancha bateu á máxima potencia contra unha das beiras do río e envorcou. Os tripulantes saíron despedidos e caéronlles enriba os fardos de haxix. A Garda Civil e os axentes de Vixilancia Aduaneira puideron recuperar 121 paquetes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade