Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home asasina cun coitelo á muller e ás dúas fillas nas proximidades de París

Un home asasina cun coitelo á muller e ás dúas fillas nas proximidades de París

O agresor, que padece unha enfermidade psiquiátrica, confesou o crime despois doutra agresión

Urbanización onde a policía localizou os cadáveres da muller e das súas fillas en Francia
G24.gal 07/09/2024 18:39

Os axentes da xendarmería francesa detiveron un home este sábado en Mormant, unha localidade a uns 50 quilómetros ao sueste de París, como sospeitoso de asasinar a coiteladas a súa muller e as súas dúas fillas, unha de case dous anos e outra de cinco.

O arresto produciuse cando o home estaba a atacar outras persoas na rúa e un policía que se dirixía ao traballo interveu.

O axente conseguiu reducilo pero non conseguiu evitar que dúas persoas quedaran feridas, unha nun brazo e outra no pescozo, aínda que o fiscal de Melun puntualizou que en ambos os casos as feridas foron sen consecuencias importantes.

Unha vez baixo arresto, o home indicou que asasinara a súa muller e as dúas nenas con arma branca, o que se confirmou cando as forzas da orde entraron no apartamento da familia, na praza do Chevel Blanc.

O home non tiña antecedentes xudiciais nin por violencia de xénero, pero si que tivera que ser hospitalizado varias veces por motivos psiquiátricas.

De feito, tras a súa detención, e ante o estado que presentaba, a Fiscalía decidiu o internamento no servizo psiquiátrico dun hospital.

En Francia, conforme ás cifras do ministerio de Xustiza, o ano pasado 94 mulleres foron asasinadas polas súas parellas en actos de violencia de xénero, despois das 118 de 2022. A ONG A Voix de l'Enfant tamén rexistrou a morte de máis de 60 nenos a mans dos seus pais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade