Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de israelís saen ás rúas para esixir unha tregua e a liberación dos reféns

Milleiros de israelís saen ás rúas para esixir unha tregua e a liberación dos reféns

Os manifestantes reclaman a fin da guerra, a caída do goberno e outra folga xeral para apertar por un acordo

G24.gal 07/09/2024 23:04

Decenas de miles de persoas participan este sábado en novas protestas masivas en diferentes puntos de Israel para reclamar ao Goberno de Benjamin Netanyahu que sele un acordo de cesamento do fogo con Hamas para a liberación dos reféns.

Na capital israelí, en Tel Aviv, máis de 500.000 persoas participaron na que foi a manifestación máis multitudinaria desde o estoupido da guerra en Gaza tras unha semana marcada pola convocatoria da primeira folga xeral nacional e de numerosos actos de protestas, segundo medios locais.

"Pode parecer que estou tranquilo, pero non o estarei ata que regresen todos os reféns a casa", pediu Andrei Kozlov, quen tamén estivo baixo cativerio na Franxa e foi localizado polo Exército na bautizada como a operación de rescate máis exitosa.

"Carmel aguantou, durante oito longos meses, a través da fame, o medo mortal e os bombardeos... e en xuño, cando un acordo estaba novamente sobre a mesa, ela estaba novamente na lista. Ela [e os outros reféns asasinados] deberían regresar a casa. Vivos!" gritou Gil Dickman, curmán da refén xa sen vida Carmel Gal.

O seu corpo foi achado a semana pasada xunto a outros cinco reféns nun túnel subterráneo da cidade de Rafah, na Franxa de Gaza. As tropas atopáronos días despois de ser "executados por Hamas", segundo confirmou a autopsia. Desde entón, o malestar da sociedade israelí cara ao Goberno disparouse entre quen o culpa desas mortes por non asinar previamente un acordo de cesamento do fogo co grupo palestino.

"Estamos na hora 11. É demasiado tarde para Carmel, pero para Ohad Ben Ami, non é demasiado tarde. Para Tal Shoham! Romi Gonen! Aínda poden abrazar ás súas nais! Saian á rúa todos os días ata que Volve a casa vivo!", exclamou a súa prima en referencia a que este sábado  se cumpren once meses da guerra en Gaza.

En Xerusalén, tamén se concentraron un grupo de manifestantes fronte á residencia do primeiro ministro israelí Benjamin Nentanyahu portando bandeiras amarelas que representan o movemento pola liberación de reféns retidos por Hamas. “As mentiras do réxime non traerán seguridade”, corean.

Os manifestantes piden a fin da guerra, a caída do goberno e outra folga xeral para apertar por un acordo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade