Falece o narco José Fernández Blanco, Paspayo, polas feridas sufridas tras un accidente
Falece o narco José Fernández Blanco, Paspayo, polas feridas sufridas tras un accidente
O venres pasado o vehículo que conducía saíu da estrada, e, tras varios días ingresado, este mércores faleceu
O narcotraficante ourensán José Fernández Blanco, coñecido como Paspayo, morreu debido ás lesións que lle ocasionou un accidente de tráfico ocorrido o venres pasado.
Tiña 73 anos. O groso da súa actividade ilegal data dos anos 90 do século pasado. Chegou a acumular 25 anos de cárcere por delitos vencellados ao narcotráfico e económicos, entre outros.
En 2003 a súa parella foi obxecto dun atentado con explosivo e oito anos despois el recibiu unha coitelada profunda. Tamén sobrevivira a un accidente grave de coche en 2019.
Este venres pasada o vehículo que conducía saía da vía na estrada que vai de Celanova a Ramirás, e, tras varios días ingresado no Complexo Hospitalario de Ourense, este mércores faleceu.