Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan os accidentes con xabarís nas estradas

Aumentan os accidentes con xabarís nas estradas

Cada día hai unha media de 14 accidentes de tráfico con animais implicados, 10 con xabarís

Os animais son xa a principal causa de accidentes en provincias como Ourense

G24.gal 15/01/2025 14:12

Cada día hai en Galicia unha media de quince accidentes de tráfico con animais implicados, pero o é o xabaril o que máis preocupa, porque é o único que ten aumentado a sinistralidade, un 5 % máis no último ano.

"Eu creo que estamos falando xa dunha praga. En Ourense, o 60 % dos sinistros en estrada son provocados por animais, xabarís sobre todo", di David Llorente Rey, xefe provincial de Tráfico en Ourense.

O problema afecta todo tipo de estradas, pero é nas autovías e autoestradas onde resultan máis perigosos, como acaba de ocorrer na AP-9, onde seis turismos chocaron en cadea por un xabaril. O que nos recomendan desde Tráfico é evitar os golpes de volante.

"Intentar evitar a colisión ou abalanzarse contra o animal, porque ten menos risco que unha manobra evasiva que pode significar invadir o sentido contrario, precipitarnos, colidir cun poste da luz...", explica o responsable de Tráfico na provincia de Ourense.

Tamén hai que dar sempre parte do accidente, para logo poder reclamarlle á aseguradora.

"Se marchas para casa porque os danos non son moitos, despois o perito do seguro non pode certificar que o dano fose contra un animal", recorda Daniel Rey, Protección Civil de Barbadás.

En Galicia rexistráronse o ano pasado máis de cinco mil sinistros con animais. O número total descendeu un 12 %, pero aumentaron os causados por xabarís.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade