O Real Madrid golea o Salzburgo e mantén opcións de meterse entre os oito mellores da Champions
O Real Madrid golea o Salzburgo e mantén opcións de meterse entre os oito mellores da Champions
A gran igualdade da Liga de Campións provoca que os brancos teñan que superar oito equipos pero só hai un punto de diferenza
Todo queda para a última xornada da Liga de Campións. O Real Madrid goleou o Salzburgo (5-1) e chega con opcións á última xornada. Terá que recuperar oito postos pero só hai un punto de diferenza co que pode pasar de todo.
El taconazo de Bellingham.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) January 22, 2025
La combita de Rodrygo.
El Real Madrid dibujando.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/4yx8RSKduo
O partido contra o feble equipo austríaco non tivo historia. Marcaron os tres dianteiros do Real Madrid con dous goles de Rodrygo e de Vinicius e un de MBappé.
El que la sigue la consigue.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) January 22, 2025
El trabajo de Mbappé tiene premio.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/yQR4LpPiIr
Liverpool, Barcelona, Arsenal e Inter de Milán xa están clasificados. O Atlético e o Milán están moi preto de conseguilo. O Atalanta (14 puntos) e o Leverkusen (13) están metidos a falta dunha xornada pero con 13 puntos están o Aston Villa, Mónaco, Lille, Brest e Feyenoord. O Real Madrid está no grupo de 12 puntos canda o Bayern, o Dortmund, o Celtic e a Juventus.