Real Madrid e Barcelona disputarán a final soñada polos árabes
Real Madrid e Barcelona disputarán a final soñada polos árabes
Os de Ancelotti derrotaron sen problema o Mallorca por 3-0
O Real Madrid non deu marxe á sorpresa e sacou o billete para a final da Supercopa ante o Barcelona despois de derrotar por 3-0 un Mallorca que non lle fixo sombra e que se viu eclipsado polas acometidas dos dianteiros brancos e a súa falta de pegada.
Os de Ancelotti cumpriron o guión de favoritos e con goles de Bellinghan, Rodrygo e un en propia porta de Valjent prolongaron a xeira positiva de resultados á custa dun Mallorca que suma un novo revés despois de ser eliminado da Copa do Rei polo Pontevedra.
3 – Real Madrid: Courtois; Lucas Vázquez, Tchouameni (Asencio, min.55), Rüdiger, Mendy; Valverde (Ceballos, min.74), Camavinga, Bellingham; Rodrygo, Vinícius (Brahim, min.88) e Mbappé.
0 - Mallorca: Greif; Maffeo, Valjent, Raíllo (Copete, min 33), Mojica; Dani Rodríguez (Abdón, min 80), Mascarell, Morlanes (Samú Costa, min 70), Darder (Asano, min 70); Larin (Robert Navarro, min 70) e Muriqi.
Goles: 1-0: Bellingham, min 62. 2-0: Valjent, en propia porta (min 92). 3-0: Rodrygo (min 94).