Sanción de dous partidos para Vinícius
Sanción de dous partidos para Vinícius
O brasileiro cumprirá a sanción na Liga e poderá xogar a Supercopa
Vinícius foi sancionado con dous partidos polo Comité de Competición logo da expulsión ante o Valencia no partido que xogou o pasado venres. O Real Madrid recorrerá contra a sanción, aínda que en ningún caso cumpriría a penalización na vindeira Supercopa de España que se vai celebrar en Arabia. Perdería os partidos contra As Palmas e Valladolid (19 e 25 de xaneiro).
O Comité de Competición tivo en conta a acta de Soto Grado, que non cualificaba como agresión a acción de Vinícius sobre Dimitrievski, que implicaría unha sanción de catro partidos. Segundo a acta, Vinícius foi expulsado por "golpear un adversario na cabeza de xeito intencionado, non estando o balón en xogo, empregando forza non insignificante".