Publicador de contidos
Publicador de contidos

España deixa escapar unha vantaxe de cinco goles e perde con Noruega

España deixa escapar unha vantaxe de cinco goles e perde con Noruega

Era o primeiro partido da Main Round e deixa á selección española case sen marxe de erro nos dous partidos que quedan

G24.gal 22/01/2025 22:05

A selección española de balonmán perdeu por 25-24 diante de Noruega no primeiro partido da Main Round. A fase que dá acceso aos cuartos de final comezou do peor xeito e queda case sen marxe de erro para os partidos diante de Portugal e O Brasil. 

Iso que España parecía ter o partido controlado. Gañaba ao descanso por 10-13 e chegou a ter cinco goles de vantaxe no segundo tempo (13-18). O aspecto defensivo, decisivo ata ese intre, baixou as súas prestacións e iso aproveitouno o equipo noruego para recuperarse. Conseguiron empatar (22-22) e mesmo se puxeron con dous goles de vantaxe. España reaccionou no último intre e tivo un ataque para igualar pero fallaron o derradeiro lanzamento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade