Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo valora repescar a Diego Gómez do Arenteiro

O Deportivo valora repescar a Diego Gómez do Arenteiro

Estaba a ser un dos mellores xogadores da Primeira RFEF no Carballiño

Ten contrato co Deportivo ata o 2028

G24.gal 22/01/2025 21:22

Unha das primeiras decisións da dirección deportiva do conxunto coruñés logo da saída de Lucas Pérez semella a de recuperara a Diego Gómez, cedido ao comezo de temporada ao Arenteiro. O traballo do xogador de Amoeiro na Primeira Federación está a ser moi bo e no equipo deportivista pensan que xa está preparado para dar o salto ao primeiro equipo. 

A presenza de Óscar Gilsanz, que lle deu o mando do Fabril cando aínda era un xuvenil, tamén é un factor importante para confiar nun proxecto de futuro do Deportivo. O ano pasado marcou 7 goles na Segunda Federación no filial deportivista -malia que tivo unha lesión importante- e esta campaña está a ser un dos xogadores máis regulares do Arenteiro con 20 partidos xogados, todos eles como titular, e dous goles marcados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade