Carlos Vicente, sobre o interese do Celta na súa fichaxe: "Estou moi ben no Alavés"
Carlos Vicente, sobre o interese do Celta na súa fichaxe: "Estou moi ben no Alavés"
Vicente: “O externo non me inflúe na miña forma de xogar"
O xogador do Deportivo Alavés, Carlos Vicente sinalou, respecto ao posible interese do Celta de Vigo na súa fichaxe, que está “moi ben” no equipo vitoriano e só pensa en gañar aos celtiñas, o vindeiro luns.
O maño confesou en conferencia de prensa que non é alleo ao ruído que xerou o interese que espertou en varios equipos, pero dixo que non lle afecta.
“O externo non me inflúe na miña forma de xogar. Controlo ben estas situacións”, expresou.
O extremo, agradecido por ter a Kike García como rematador dos seus pases, espera con ganas o duelo ante o Celta do próximo luns.
𝐔𝐧 𝐞𝐪𝐮𝐢𝐩𝐨 𝐫𝐞𝐬𝐢𝐥𝐢𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐲 𝐪𝐮𝐞 𝐜𝐫𝐞𝐜𝐞 𝐝𝐢́𝐚 𝐚 𝐝𝐢́𝐚
— Deportivo Alavés (@Alaves) January 22, 2025
🎙️ Así nos lo describe @carlosvcnt_ antes del #AlavésCelta
Declas completas 📺 https://t.co/5SaCccrjgF#GoazenGlorioso ⚪️🔵 pic.twitter.com/c9Y0LNQiTY