Marcelinho Huertas elimina o Barcelona da Copa do Rei
O base de Tenerife, de 42 anos, asinou 22 puntos e 30 de valoración para liderar a remonta do seu equipo
O Unicaja pasou por riba do Joventut
Marcelinho Huertas ten a beberaxe da eterna xuventude. Aos 42 anos asinou un partido de época para que o La Laguna Tenerife derrotase ao Barcelona nos cuartos de final da Copa do Rei de baloncesto. O brasileiro anotou 22 puntos e fixo 30 de valoración liderando a remonta no último cuarto do cadro canario, que chegou a ir trece puntos abaixo. Novo fracaso na temporada dun proxecto do Barça no que pode haber trocos inminentes.
O Unicaja non quixo sorpresas e eliminou o Joventut nun gran segundo tempo. A Penya aguantou os primeiros vinte minutos e chegou ao descanso con empate a 42. Pero no segundo tempo os de Málaga tiraron do seu xogo en equipo e dun grande ataque para impoñerse por un claro 100-83.