O Gran Camiño quece os motores para comezar o mércores o seu percorrido
Desde o mércores ata o domingo poderemos ver pola Televisión de Galicia todas as etapas da proba galega de ciclismo
Haberá cinco ciclistas galegos na edición máis aberta polo triunfo final con Carlos Canal entre os favoritos
Quen sucederá a Jonas Vingegaard? O Gran Camiño, na súa edición máis internacional ponse en marcha este mércores polos camiños portugueses. Maia, Esposende, Ponte de Lima e Matosinhos son algúns dos puntos do percorrido. As outras catro xorndas rodaran polas catro provincias galegas, empezando pola etapa entre Marín a A Estrada. Todas cun trazado moi estudiado para facela máis competida.
O venres dispútase a contra o reloxo entre Ourense e o Pereiro de Aguiar. Nesta cuarta edición non hai un favorito claro, o candidato á vitoria ten que ser competente en todos os terreos. Haberá cinco corredores galegos. A etapa raíña dispútase o sábado na montaña luguesa con final no Cebreiro. Pero pode que non quede todo dito, porque a quinta e última entre Betanzos e Santiago ten trampa.
Nas dúas últimas edicións o Gran camiño tivo tintes épicos. Coa organización pendente do ceo agárdase que esta vez sexan os ciclistas os que poñan toda a emoción nas estradas galegas ata o domingo.