Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Canal estará na saída do Gran Camiño malia a caída que sufriu en Xaén

Carlos Canal estará na saída do Gran Camiño malia a caída que sufriu en Xaén

Carlos Canal: "A etapa de Marín á Estrada vaime ben, tamén a de Pedrafita. Que vaian ben as pernas"

G24.gal 19/02/2025 12:09 Última actualización 19/02/2025 12:23

Non haberá problemas para que Carlos Canal estea na saída do Gran Camiño malia a caída que sufriu o luns na Clásica de Xaén. Estivemos con Canal a carón da Ponte Romana de Ourense. Aí comezará a terceira etapa. Unha contra o reloxo individual de quince quilómetros que unirá Ourense e O Pereiro de Aguiar.

"A saída desta etapa é impresionante, lugar icónico, unha crono dura, sempre subindo".

"É un día para a xeral e para probar as pernas, máis de físico que de técnica".

Canal desvela as características da xornada, unha crono de poderío, practicamente unha cronoescalada.

"Non é cronoescalada, pero case. Espero disputar outras etapas que teño apuntadas".

Será o venres 28. Na cabeza do ciclista de Xinzo de Limia están outras etapas.

"A etapa de Marín á Estrada vaime ben, tamén a de Pedrafita. Que vaian ben as pernas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade