Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tere Abelleira despídese da tempada e da Eurocopa por unha grave lesión de xeonllo

Tere Abelleira despídese da tempada e da Eurocopa por unha grave lesión de xeonllo

A xogadora galega lesionouse durante o adestramento do pasado martes en Wembley previo ao partido ante Inglaterra

G24.gal 27/02/2025 18:03 Última actualización 27/02/2025 18:12

A centrocampista galega do Real Madrid, Tere Abelleira, non xogará máis esta tempada e perderá a Eurocopa de Suíza deste verán por unha grave lesión de xeonllo producido durante un adestramento coa selección antes do duelo con Inglaterra.

"Tras as probas realizadas á nosa xogadora Teresa Abelleira polos Servizos Médicos do Real Madrid diagnosticóuselle unha rotura do ligamento cruzado anterior e o menisco externo do xeonllo esquerdo. A nosa xogadora será intervida cirurxicamente nos próximos días", confirmou o conxunto madridista na súa páxina web.

A xogadora galega lesionouse durante o adestramento do pasado martes en Wembley previo ao partido ante Inglaterra da liga de Nacións.

A futbolista apareceu o mércores con muletas e fixo saltar as alarmas sobre un contratempo que hoxe confirmaron os servizos médicos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar