Volve a festa do baloncesto galego de ACB co derbi no Coliseum
Leyma Coruña e Río Breogán enfróntanse nun encontro importante na loita pola permanencia (mañá, 12:30h)
Nove semanas despois, Leyma Coruña e Río Breogán volven medirse no derbi da A6 na liga ACB. desta volta no Coliseo Coruñés, onde o ambiente será o das grandes ocasións, polo que haberá que controlar aspectos deportivos, pero tamén nas emocións, como recoñece na previa Hilliard.
A dous partidos da salvación, con 12 xornadas por diante, os coruñes pensan na permanencia como unha posibilidade real.
Nestes dous últimos meses o Breogán mudou xogadores, de mentalidade e tamén o seu xogo.
E como sempre é mellor partir dun tópico que chegar a el, o técnico do Breogán bota man dun clásico cando lle preguntan: quen é o favorito? "Nos derbis non hai favoritos"
