Publicador de contidos

Publicador de contidos

Diego Epifanio e Luis Casimiro tíranse flores antes do derbi

Diego Epifanio e Luis Casimiro tíranse flores antes do derbi

Os dous técnicos tiveron boas palabras para o rival: o burgalés destacou que as estatísticas non lle fan xustiza ao Breogán e o adestrador lucense deixou claro que o Leyma Coruña pódese salvar

G24.gal 14/03/2025 11:20 Última actualización 14/03/2025 14:40

Diego Epifanio falou na conferencia previa ao partido deste domingo entre o Leyma Coruña e o Breogán. O adestrador dos locais asegurou que o equipo é consciente da realidade en que se atopa: "Temos que traballar para dar a nosa mellor versión". Á súa vez, destacou a relevancia de medirse co conxunto de Lugo ao non tratarse dun enfrontamento calquera: "Os derbis sempre son especiais polo que inflúen, polo ambiente, polo que se move no club e polo que se respira".

Ademais, o burgalés fixo fincapé no bo momento actual que está vivindo o Breogán: "A realidade das súas estatísticas xerais non di a verdade dun equipo coma o Breogán". Neste sentido, destacou que os lucenses "melloraron moito a súa porcentaxe de tres no último terzo da tempada".

Pola súa banda, Luis Casimiro destacou a dificultade do encontro: "Eles saben o que están poñendo en xogo e a súa folla de ruta para poder salvarse pasa polo Coliseum". Ademais, o adestrador do Breogán enfatizou a importancia de non deixarse levar por todo o que supón un derbi: "Temos que tentar illarnos do que nos rodea". Por último, quixo transmitir esperanzas ao seu rival: "Penso que o Leyma Coruña se pode salvar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade