Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Río Breogán resiste a reacción final do Leyma Coruña (98-106)

O Río Breogán resiste a reacción final do Leyma Coruña (98-106)

O equipo lugués ía gañando por 26 puntos no segundo cuarto pero os locais puxéronse a só dous puntos a 1:30 para o final

Hilliard (33 puntos) decidiu o partido diante dun Leyma que contou con Heurtel sensacional (26 puntos)

G24.gal 16/03/2025 14:28

O Río Breogán levou o derbi diante do Leyma Coruña nun partido no que se impuxeron os ataques (98-106). O equipo lugués xa dominaba ao descanso por 41-62. 

O partido mantivo o equilibrio os cinco primeiros minutos (14-16). Un parcial de 0-7 fixo que o Breogán abrise unha primeira fenda (14-23) diante dun Leyma que non atopaba o xeito de parar a Grant (11 puntos) e Hilliard (10). Rematou cunha canastra de Grant que poñía dez puntos de diferenza a prol do Río Breogán (23-33). O segundo cuarto comezou do mesmo xeito e un 0-8 deixaba a vantaxe preto dos vinte puntos. A máxima diferenza do partido foi o 27-53 co punto número 19 de Hilliard. O resultado ao descanso era contundente (41-62). 

No terceiro cuarto espertaron Heurtel e Barrueta. Entre os dous anotaron 23 puntos e comezaron a reacción dun Leyma Coruña que comezaba a crer coa canastra de Augusto Lima que pechaba o terceiro período (77-91). Nada facía supoñer a remonta do cadro coruñés cando, a catro minutos do final do partido, Grant anotaba unha tripla para poñer o 86-100. Pero o Breogán entrou en crise e o Leyma encadeu un parcial de 12-0 que deixaba o encontro nun pano (98-100) a 1:29 para o remate. Nos tiros libres finais o Breo soubo aguantar e levar o triunfo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade