Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubén Fernández queda freado na segunda manga do Gran Premio de Cózar

Rubén Fernández queda freado na segunda manga do Gran Premio de Cózar

O vigués realizou unha gran primeira carreira na que quedou de segundo clasificado, só por detrás de Gajser

O esloveno conseguiu a vitoria final ao gañar as dúas quendas

G24.gal 16/03/2025 16:46

Tim Gajser dominou o Gran Premio de Cózar, en Castela a Mancha. Gañou as dúas carreiras e impúxose con gran claridade nun escenario onde era moi difícil pilotar pola gran cantidade de lama que había no circuíto. O vigués Rubén Fernández fixo unha gran primeira carreira. Colocouse por detrás de Gajser e rematou no segundo posto. Soñaba con estar no podio o piloto galego pero cometeu un erro na saída da segunda carreira. Foi ao chan e cando quixo recuperar tiña a 24 pilotos por diante. Realizou unha boa remonta pero só lle deu para acabar na 12ª posición. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar