GasGas e KTM despídense de Jorge Prado, que pon rumbo aos Estados Unidos
GasGas e KTM despídense de Jorge Prado, que pon rumbo aos Estados Unidos
O bicampión de MXGP levaba toda a súa carreira no grupo austríaco, e agora vai compaxinar motocrós e supercrós
O anuncio xa chegou. Jorge Prado e GasGas acaban de comunicar mediante nota de prensa oficial a separación dos seus camiños e a saída do piloto galego da estrutura do grupo KTM, coa que estivo nin máis nin menos que 13 tempadas.
Queda entón esclarecida unha das maiores incógnitas sobre o próximo episodio na carreira do campión español, que en 2025 afrontará novo reto tamén con marca nova, posiblemente Kawasaki!
Así o explicou GasGas: Red Bull GASGAS Factory Racing despídese de Jorge Prado despois dunha carreira fenomenal, que inclúe os campionatos mundiais de MXGP consecutivos en 2023 e 2024. O legado de Prado con Red Bull GASGAS Factory Racing inclúe dous títulos de MXGP, 14 vitorias en Grandes Premios, 33 vitorias en mangas e 42 podios en tres tempadas extraordinarias co equipo.
Pit Beirer, Director de Motorsports despediuse con estas palabras.
"Jorge estivo connosco desde os seus inicios no motocrós, empezando pola súa incrible vitoria no Campionato do Mundo de 65cc en 2011, cando se converteu no campión do mundo máis novo da historia. Vímolo pasar de ser un mozo e prometedor piloto a converterse en catro veces campión do mundo -conseguindo os seus títulos de MX2 e MXGP baixo a dirección de Claudio e Davide de Carli- e a súa traxectoria foi nada menos que extraordinaria"
"A súa determinación implacable e o seu talento natural sempre foron evidentes. Estamos inmensamente orgullosos de ser parte da súa viaxe desde os seus primeiros anos ata os seus logros de clase mundial"