Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado gaña a carreira de cualificación e mételle dous puntos máis a Gajser

Jorge Prado gaña a carreira de cualificación e mételle dous puntos máis a Gajser

O piloto de Lugo afrontará as dúas carreiras do domingo con 9 puntos de vantaxe

G24.gal 28/09/2024 17:53

Jorge Prado saiu moi mentalizado na carreira de cualificación e non lle deu ningunha opción a Tim Gajser. O esloveno comezou retrasado (no quinto posto) e custoulle ferro e fariña chegar á terceira praza. Aí xa non puido superar a Herlings, escudeiro de luxo de Prado nesta cualificación na que o piloto de Lugo lle sacou ao seu gran rival por facerse co Mundial de motocrós outros dous puntos para acumular un total de nove. 

O domingo haberá as dúas probas nas que Prado sairá na "pole" da grella. Unha situación ideal pero nin moito menos definitiva. O galego non se pode permitir nin un só erro para lograr o seu segundo título. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos