Jorge Prado, bicampión do mundo de motocrós
Jorge Prado, bicampión do mundo de motocrós
O piloto de Lugo gañou a primeira carreira en Cidade Real e xestionou a vantaxe na segunda manga
Jorge Prado segue a facer historia no motocrós. Gañou o seu segundo título mundial, os dous de xeito consecutivo. Nunha loita que será lembrada durante moito tempo con Tim Gajser e con remonta incluída nos últimos dous Grandes Premios.
Chegaba a Cidade Real con sete puntos de vantaxe e soubo xestionar a vantaxe dun xeito maxistral, coa categoría do grandísimo piloto que é o lugués. Gañou a carreira de cualificación e a primeira manga e na segunda e derradeira asegurou e acabou xestionando a vantaxe.
Prado está a escribir a historia máis dourada do motocrós español e galego. Nunca conseguira ninguén estar entre os mellores e o piloto de Lugo non só conseguiu a primeira posición a campaña anterior, senón que repetiu título neste 2024. A isto hai que engadir os dous que acadou na categoría de MX2.