Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña apaña unha malleira na Fonteta (127-81) e segue sen solucións contra a anotación

O Leyma Coruña apaña unha malleira na Fonteta (127-81) e segue sen solucións contra a anotación

Os de Diego Epifanio apañaron 74 puntos na segunda metade, cando rachou o partido

Foto: EFE
G24.gal 22/03/2025 19:48

O Leyma Coruña apañou unha nova derrota, e volveu evidenciar na pista do Valencia que o seu gran problema é a gran facilidade para apañar puntos. Na Fonteta foron 127. Os coruñeses seguen con so cinco triunfos, e ven a salvación a tres vitorias.

Custoulle entrar no partido ao Leyma Coruña, que tardou dous minutos en anotar. Iso si, foi unha canastra de Thompkins para responder un 5-0 inicial dos locais, que seguiron ao seu. Neste primeiro cuarto, anotaban con extrema facilidade, ata establecer un 15-4 que obrigou ao primeiro tempo morto do partido.

Freou Epifanio o ímpetu local, e os seus asinaron un parcial de 0-7 para metérense de cheo no choque. Pero era un partido de alternativas, e de parciais constantes a prol dos dous equipos. Así que o Valencia volveu abrir fenda, superando os dez puntos. E volveu remontar o Leyma, con outro parcial de 0-7 que deixaba o tanteo, no treito final do segundo cuarto, en 44-36. Nestes 17 minutos, Heurtel acumulaba xa 7 asistencias, ademais de oito puntos, cos que acadaba 13 de valoración. A diferenza mantívose por debaixo dos dez ao descanso grazas a unha última canastra de Taylor. 53-44.

Pero, tras o paso polos vestiarios, o Valencia seguiu anotando con moita facilidade, asinando un parcial de saída de 14-4 que volvía obrigar a Epi a deter o choque. A diferenza superaba os 20 puntos a prol dun conxunto valenciano que non fora en ningún momento por detrás no marcador. Entrou entón o partido nunha fase en que a diferenza quedou estabilizada arredor deses 20 puntos, o que ía mermando as opcións dun Leyma Coruña que precisa sumar de xeito imperioso. E, no treito final, disparouse a notación do equipo local, que levou este terceiro cuarto cun resultado de 42 a 19. 42 puntos nun so cuarto, que convertía o último período nun mero trámite.

O Valencia chegou aos 100 puntos cando aínda restaban máis de 8 minutos de encontro. E seguiu anotando. Para entón o Leyma xa non era quen de responder de ningún xeito no marcador, e a fenda foi medrando por riba dos 30 puntos. A catro minutos para a conclusión, a diferenza era xa superior aos 40 puntos (118-76), con 7 xogadores locais en dobres figuras. No Leyma, a notación comandouna Thompkins, con 17 puntos. Heurtel meteu 16, e repartiu 12 asistencias, cunha valoración de 27. Se cadra, a mellor noticia para un equipo que, neste treito da temporada, non atopa solucións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade