Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubén Fernández cae e ten que abandonar na segunda carreira do Gran Premio de Francia

Rubén Fernández cae e ten que abandonar na segunda carreira do Gran Premio de Francia

O esloveno Tim Gajser continúa sen rival e sumou unha nova vitoria para aumentar a vantaxe á fronte do Mundial de Motocrós

G24.gal 23/03/2025 16:44

Rubén Fernández caeu na segunda carreira do Gran Premio de Francia e viuse na obriga de abandonar. Unha mágoa porque o piloto vigués completara unha carreira inicial dun alto nivel na que acadara a quinta posición. Podía pelexar por un podio pero, ao igual que aconteceu a semana pasada en Cidade Real, foi ao chan na primeira curva e non conseguiu acabar a proba polos problemas físicos. 

Á fronte do Mundial mantense Tim Gajser que se impuxo no terceiro Grande Premio da temporada. Gañou as dúas carreiras sen atopar un rival que poida achegarse ás prestacións do piloto esloveno. O francés Romain Febvre ocupou o segundo chanzo no podio e Coenen completou os postos de privilexio. 

Á fronte do MXGP Gajser sácalle 29 puntos a Romain Febvre e 46 a Maxim Renaux. Rubén Fernández baixa á novena posición da xeral do campionato do mundo e terá que agardar ás vindeiras probas para buscar recuperar postos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos