Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Fabril empata en Torrelavega e segue nos postos de privilexio

O Fabril empata en Torrelavega e segue nos postos de privilexio

Nsongo Bil adiantou ao filial coruñés nunha gran acción

Empatou na segunda parte Santamaría cun bo remate

Foto: @RSGimnastica
G24.gal 22/12/2024 16:35

O Fabril non puido sacar a vitoria do Malecón, campo dun dos equipos da zona baixa, pero que leva dúas das súas tres vitorias copmo local. Os coruñeses conseguiron adiantarse axiña, aos 21 minutos, nunha gran acción combinativa que resolveu Nsongo.

A ximnástica buscou o tanto da igualada, e este ía chegar contra a hora de xogo. Marcouno Santamaría cun bo disparo lonxano, o único que puido bater a Alberto. Porque o porteiro coruñés salvou ao seu equipo con varias intervencións de mérito.

O empate final é so o segundo da temporada para o equipo que dirixe Manuel Pablo, que remata esta primeira volta con 27 puntos, e na zona noble da táboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos