Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Valencia impónse ao Celta en Mestalla (2-1)

O Valencia impónse ao Celta en Mestalla (2-1)

Os de Vigo continúan coa súa mala racha fóra da casa

O gol de Pablo Durán non foi suficiente para que os vigueses foran quen de puntuar como visitantes

Luis Rioja e Javi Guerra foron os goleadores dos locais nunha vitoria clave na loita pola permanencia

G24.gal 02/02/2025 14:51

Minuto a minuto

O Celta (25 puntos) visita o campo dun Valencia (16 puntos) que está nunha situación crítica, a sete puntos da salvación. Un partido no que pode afundir ao seu rival. Pero as baixas condicionan o partido para Claudio Giráldez. Sen Aspas, Marcos Alonso, Mingueza ou Hugo Álvarez o de Porriño terá que facer malabarismos para completar o once inicial. Íker Losada entrou na lista de convocados. 

Equipo do Celta!!!! Con Cervi no carreiro esquerdo. Durán, Borja Iglesias e Williot na dianteira

Velaquí o equipo do Valencia

1

Comeza o partido en Mestalla!!!

6

Celta e Valencia despútanse o balón con intensidade nestes primeiros minutos de xogo

9

Primeiro achegamento perigoso do Valencia en área rival

11

Tivoa Borja Iglesias na máis clara do encontro ata o momento. O dianteiro do Celta remata un balón que estivo a piques de entrar 

24

Balón aéreo perigoso que ataxa Guaita sn complicacións

27

Outro remate para o Celta que de momento está chegando con máis éxito á área rival

35

Gol anulado ao Valencia por falta previa de Hugo Duro

36

Volve a tela o Celta cun remate que se vai por riba da portería do Valencia

38

Centro perigoso do Celta solventado sen problemas polo conxunto ché

42

Falla Hugo Duro un remate de cabeza a bocaxarro que se foi por riba da portería de Guaita

44

GOL DO VALENCIA. Anota Luis Rioja no último treito da primeira metade. Un excelso centro de Javi Guerra permitiulle rematar a pracer batendo a Guaita con facildade.

45

Final da primeira metade en Mestalla. Valencia 1-0 Celta

46

Xa volve a rodar a bóla en Mestalla. Arrinca a segunda metade!!!

48

Cortada sen problemas polo Valencia a rápida internada dos de Vigo

57

Primeiros movementos no banquillo do Celta. Sae Damián por Fran Beltrán e Borja Iglesias por Alfonso González

59

Volve a tela o Celta cun remate dende fóra da área repelido por Mamardashvili 

63

Centro perigoso do Valencia  que se complicou para Guaita que consegue blocala en dous tempos.

GOOOOOL DO CELTA!!! Anota Pablo Durán para os vigueses poñendo as táboas no marcador. Valencia 1-1 Celta.

66

Cartón amarelo para Ilaix Moriba que derivou nunha falta perigosa para o Valencia

68

GOL DO VALENCIA. Volven a tomar vantaxe os valencianistas co gol de Javi Guerra. Valencia 2-1 Celta.

76

Achegouse con perigo o Valencia, pero cortou ben a defensa do Celta.

88

Centro blocado sen problemas por Mamardashvili

89

Sae a córner un erro da defensa do Celta que a piques estivo de entrar.

97

Tivoa o Valencia para sentenciar nun remate que se foi a saque de curruncho

98

Tivoa Diakhaby para sentenciar cun remate a bocaxarro repelido por Guaita

98

FINAL EN MESTALLA. O Celta non foi quen de puntuar fóra da casa. Valencia 2-1 Celta

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos