A fortaleza do Deportivo como visitante afástao do perigo do descenso
A fortaleza do Deportivo como visitante afástao do perigo do descenso
Gañou no campo do Éibar (0-1) cun tanto de Ximo Navarro
É o terceiro mellor visitante da Segunda División con 19 puntos
O Deportivo sumou os tres puntos no campo de Ipurúa, unha vitoria que o coloca na zona morna da clasificación e que confirma a tendencia desta temporada. Si na casa tivese o mesmo rendemento que como visitante, onde sumou 19 puntos, pelexaría polo ascenso.
Comezou avisando un ex xogador do Éibar como Mario Soriano aos oito minutos. Os locais levaban o peso do partido pero sen xerar perigo sobre a porta de Helton. Á media hora e nunha xogada embarullada Ximo Navarro apareceu desde o lateral esquerdo para marcar o gol do triunfo deportivista. A mellor ocasión do Éibar no primeiro tempo chegou no 42 cando Helton sacou coa faciana un tiro de Alkain.
O Deportivo realizou un gran exercicio defensivo aguantando os ataques do conxunto vasco. Gilsanz meteu velocidade coa entrada de Mella no lugar de Gauto e o de teo puido sentenciar nunha clarísima oportunidade. O Éibar buscou o gol pero nin Alkain nin Jorge Pascual estiveron atinados diante da porta coruñesa.