Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo sae do descenso con remontada incluída (3-1)

O Lugo sae do descenso con remontada incluída (3-1)

O conxunto galego deulle a volta ao gol inicial de Toni Herrero para levar os tres puntos

Con esta vitoria, os lucenses alónxase dos postos baixos da categoría

Reniero, Jon Cabo e Bryan Mendoza foron os goleadores dos locais

G24.gal 02/02/2025 18:35 Última actualización 02/02/2025 18:51

O Lugo coseguiu a vitoria no Anxo Carro nun enfrontamento directo contra o Osasuna Promesas. No comezo da primeira metade foron os navarros os que tiveron as ocasións máis claras, primeiro cun man a man ataxado por Marcos Lavín, e logo con outra gran parada do gardameta lucense que rematou co esférico golpeando o pau. No minuto 21 chegaría o primeiro gol do encontro das botas de Toni Herrero, que enviou o balón ao fondo das redes cun remate raso e cruzado imposible para o porteiro. Sen embargo, tres minutos despois Reniero poñería a igualada no electrónico cun golazo de volea dende fóra da área. Jon Cabo sería o encargado de adiantar aos de Lugo no minuto 34 cunha xogada individual que rematou cun disparo que tocou nun defensa rival antes de entrar.

Na segunda metade, ambos equipos rebaixaron a intensidade e disminuiu o número de ocasións, agás un potente remate osasunista dende fóra da área que fixo voar a Lavín. No 71 de encontro, unha gran xogada colectiva do Lugo rematou cun gran pase de Guille Perero que foi culminado de forma excelente por Bryan Mendoza para facer o terceiro dos locais. Con esta vitoria, os galegos saen dos postos de descenso e collen aire tras vencer a un rival directo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos