Publicador de contidos

Publicador de contidos

A boa dinámica do Celta invita ao optimismo

A boa dinámica do Celta invita ao optimismo

En Xirona sumaron a cuarta xornada sen perder e o segundo empate como visitante diante dun equipo de Champions

Giráldez rexeita falar das opcións europeas e prefire centrarse no vindeiro partido co Leganés

G24.gal 02/03/2025 12:56

O Celta pasa por un dos mellores momentos da temporada. Catro xornadas sen perder, en Balaídos amosando unha gran fortaleza e como visitante sumando de xeito regular. As dúas últimas viaxes foron a campos de Liga de Campións (Metropolitano e Montilivi) e nos dous escenarios conseguiron puntuar. Sergio Carreira considera que "Isto ten que seguir para diante, canto máis tempo mellor". O lateral está consolidado no carreiro dereito da defensa, indiscutible para Giráldez. 

O adestrador tamén pensa con ambición pero cos pés no chan. Á pregunta de si se vía loitando polos postos europeos a resposta foi contundente: "Non", dixo o técnico porriñés. Claudio sabe que calquera despiste pode ser letal para os intereses do seu equipo e prefire centrarse no día a día. 

A vindeira xornada enfrontarase ao Leganés comezando unha serie de tres partidos diante de equipos da zona baixa. Despois tocará visitar o campo do Valladolid para recibir a Unión Deportiva As Palmas na última xornada do mes de marzo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade