Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing fíao todo ao partido do mércores diante do Burgos

O Rácing fíao todo ao partido do mércores diante do Burgos

A derrota en Huesca manteno a once puntos da salvación que marca o cadro burgalés

G24.gal 02/03/2025 12:02

O Rácing fía todas as opcións de salvación ao partido do vindeiro mércores diante do Burgos (20:00 horas, A Malata). A falta do partido do Eldense a permanencia continúa marcándoa o cadro burgalés con 33 puntos, once máis que o equipo departamental. 

Os números non invitan ao optimismo. O Rácing segue a ser o equipo menos goleador do campionato (18 goles) e o segundo máis goleado, só con peores rexistros que o Cartaxena. Alejandro Menéndez debutou con vitoria no campo do Levante (0-1) pero logo os resultados seguiron sendo tan negativos como na etapa de Cristóbal con catro derrotas contra o Castellón, o Mirandés, o Córdoba e a deste sábado en Huesca. 

Alejandro Menéndez recoñeceu o momento complicado pero mantén a esperanza. "Nin imos baixar os brazos nin estamos mortos" comentou o adestrador asturiano. "O mércores temos a opción de agarrarnos á categoría" asegurou o centrocampista Josep Señé. E o lateral Róber Correa considera que "hai que apertar e dar a cara". Todos os xogadores teñen subliñado en vermello ese partido no que se xoga seguir con vida na categoría. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade