Agre estrea de Luisito no Vero Boquete cedendo un empate na última xogada do partido
Rivas adiantou os santiagueses no 23 do primeiro tempo
Despois de perdoar Íker Gil e Landeira o segundo chegou o empate de Javi Cueto
Na estrea de Luisito no Vero Boquete ao Compostela marchoulle a posibilidade de lograr a vitoria e saír dos postos de descenso no tempo engadido, cando só quedaban trinta segundos para o final do partido. Sufriu moito o cadro compostelán diante do Avilés, un dos galos da categoría. Pero conseguiu adiantarse cun gol de Manu Rivas no minuto 23.
Os dous equipos xeraron infinidade de oportunidades pero o marcador non se moveu ata o 96. O Compostela perdeu a posibilidade de sentenciar con dúas ocasións moi claras de Landeira e Íker Gil a dez minutos do final. No último intre o visitante Javi Cueto acertou cunha cabezada e deixa o Compostela en postos de descenso.