Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Compostela volve aos postos de descenso tras sufrir a remontada do Rayo Cantabria (1-2)

O Compostela volve aos postos de descenso tras sufrir a remontada do Rayo Cantabria (1-2)

O Compostela volve aos postos de descenso

Dous goles ao comezo da segunda parte e un cartón vermello condenaron ao equipo de Permuy

Foto: @SD_Compostela
G24.gal 23/02/2025 16:56 Última actualización 23/02/2025 19:05

A SD Compostela deixa escapar unha oportunidade de ouro para escaparse dos postos de descenso, perdendo por 1-2 contra o Rayo Cantabria, rival directo do conxunto de Santiago.

O Compos recibeu ao Rayo Cantabria en San Lázaro nun encontro no que os dous equipos se xogaban moito, pois ambos conxuntos buscan alonxarse dos postos de descenso. O equipo local foi o primeiro que xerou perigo no partido cun disparo de Samuel Rodríguez tras unha saída en falso de Álvaro Jiménez, que uns minutos despoisvolvería a ataxar outro disparo dende fór da área do centrocampista do Compostela.

Marquitos abriu a lata para a SD Compostela no minuto 36 tras un pase de Samu Rodríguez, que firmou unha primeira parte impecable para o equipo de Antón Permuy, que marchou aos vestiarios por enriba no marcador. Non durou moito a ledicia nas bancadas do Vero Boquete: un gol de Dani González no 46' e outro de Marco Carrascal de cabeza no 54' déronlle a volta ao encontro, poñendo o 1-2 no electrónico.

Fausto deixou aos locais en inferioridade numérica tras recibir un cartón vermello no minuto 61 tras un empurrón ao borde da área. Permuy removu o banco para darlle entrada a Fer Cano, Santi de Prado, Manu Barreiro e Bruno Scorza no ecuador da segunda metade, aínda que non foron quen de darlle a volta ao enontro.

A SD Compostela volve aos postos de descenso a Terceira Federación con 27 puntos, a falta de xogar un partido contra o Deportivo Fabril suspendido por temporal. Enfontaranse ao Guijuelo o domingo 2 de marzo no Estadio Municipal Luis Ramos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade