Publicador de contidos

Publicador de contidos

A estrea de Luisito non lle vale ao Compostela para puntuar en Guijuelo

A estrea de Luisito non lle vale ao Compostela para puntuar en Guijuelo

Morales marcou ao pouco de comezar a segunda parte e o cadro compostelán fallou ocasións moi claras

G24.gal 02/03/2025 19:29

Comezaba a "era Luisito" no Compostela e non puido facelo puntuando no Luís Ramos de Guijuelo. Gañou o equipo local por 1-0 e complica a situación clasificatoria dun cadro compostelán afundido en postos de descenso. Comezou ben o conxunto galego gozando das mellores ocasións diante da porta salmantina. Equilibrou o partido o Guijuelo que na parte final da primeira metade obrigou a Rabanillo a intervir con moito acerto. 

Ao pouco de comezar a segunda parte, e co Compostela con dez por lesión dun xogador, o Guijuelo aproveitou para marcar o gol do triunfo. Pasaron a dominar o partido de xeito total os de Luisito, tiveron un lanzamento ao pau de Hugo Matos e unha oportunidade moi clara de Manu Barreiro pero non chegou o gol do empate. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade