Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo non pode co Valladolid Promesas nos Anexos (2-0) e queda a tiro do descenso

O Coruxo non pode co Valladolid Promesas nos Anexos (2-0) e queda a tiro do descenso

Os vigueses volveron acusar a falta de pegada, e o filial converteu dúas das súas moitas ocasións

Foto: @RVCantera
G24.gal 09/03/2025 14:06

O Coruxo viuse superado claramente nos Anexos por un Valladolid que soña con meterse nos postos de promoción de ascenso. Foi nun partido que encarreirou axiña o conxunto pucelano, despois dun envío ao traveseiro no primeiro achegamento. No minuto 10, Xavi Moreno abría o marcador.

David de Dios moveu o banco, meteu no campo a Yago Insua, e este foi o seu xogador máis perigoso. Intentouno pola banda dereita en varias ocasións, pero topou con Fer Pérez. Na outra portería, Esteban, que volvía á titularidade, fixo varias intervencións de mérito que impediron o segundo local.

Á volta do descanso, o Coruxo viviu os seus mellores momentos da man de Insua pero, outra vez aos dez minutos, o cadro local sentenciou o choque. Foi despois dunha boa parada de Esteban. Hugo San recolleu o rexeitamento e marcou de tiro cruzado. Faltaba moito partido pero, unha vez máis, o Coruxo evidenciou que lle falta gol. As súas últimas tentativas resolveunas sen problemas o equipo local, que estrelou ata tres balóns nos paus, os dous últimos nas botas de Jorge Delgado.

A derrota deixa ao Coruxo a tiro dos equipos de play out de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade