Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Bergantiños vence á Ximástica de Torrelavega na segunda metade (2-0) e fuxe do descenso

O Bergantiños vence á Ximástica de Torrelavega na segunda metade (2-0) e fuxe do descenso

Os goles de Tiago Rodríguez e de Omar, en boas xogadas de ataque, derrubaron a defensa cántabra

Os galegos fuxen a cinco puntos do descenso

G24.gal 01/03/2025 19:08

O Bergantiños cumpriu co seu traballo nas Eiroas, derrotando unha resistente Ximnástica de Torrelavega, que chegaba a Carballo na penúltima praza con so vinte puntos. Pero non foi un partido sinxelo, e os galegos tardaron en solventalo.

Na primeira metade houbo dominio local, pero faltaba precisión dentro da área. Así, paseáronse varias accións por diante dos dominios de Crespo. As máis claras levaron a sinatura de Remeseiro, que rematou fóra, e de Konsly, que sacou Iago Parga cando ía cara a portería. Por parte da Ximnástica, a única acción de perigo foi un tiro lonxano de Santamaría que detivo Santi Canedo.

O marcador mantívose no empate sen goles ata o minuto 50, cando unha gran cabezada de costas de Kensly deixaba so a Tiago, e este non perdoou. Abría o marcador e despexaba o camiño dos de Carballo.

Co un a cero, a Ximnástica estirouse, e tivo algunhas ocasións para igualar o marcador. A máis clara, parouna santi Canedo despois dun frouxo remate de Chus Ruiz. E, no minuto 65, Omar culminaba unha espectacular acción ofensiva co 2-0 que xa sería definitivo. Tocou á banda Marcos Remeseiro, asistiu desde alí Antañon, e Omar marcou entrando desde atrás.

Unha importante vitoria do Bergantiños, que fuxe a cinco puntos dos postos de play out e descenso, diante dunha Ximnástica que segue na penúltima praza con so 20 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade