O BNG acusa a Xunta de discriminar a comarca de Bergantiños
Ana Pontón visita a empresa Herfraga, que fabrica maquinaria para conserveiras
O BNG vai solicitar a comparecencia de Rueda no Parlamento sobre a quitación da débeda
O BNG acusa a Xunta de discriminar a comarca de Bergantiños. Durante a visita en Carballo á empresa Herfraga, de fabricación de maquinaria para a industria conserveira, Ana Pontón dixo que o Goberno galego leva anos paralizando proxectos de desenvolvemento económico como a ampliación do polígono de Bértoa ou a circunvalación. Tamén lle recriminou que non libere a peaxe da autovía AG-55. A voceira nacional pediulle ao presidente Rueda que non lastre o desenvolvemento de Carballo e da comarca e que non free o seu dinamismo.
Pontón puxo esta empresa, nacida hai 90 anos e dirixida por mulleres, como exemplo de innovación e referente a nivel mundial. A día de hoxe, Herfraga exporta a máis de cincuenta países.
Sobre a quitación da débeda, o BNG vai solicitar a comparecencia extraordinaria e urxente do presidente da Xunta no Parlamento para que explique por que a rexeita se "significaría rebaixar en 4.000 millóns a débeda de Galicia", dixo Pontón.