Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iván Villar adianta a chegada de Borja Iglesias

Iván Villar adianta a chegada de Borja Iglesias

"Virá aquí para sumar, para axudar e para poñer o seu gran de area"

O porteiro dixo que o Panda chegaría ao Celta

Iván Villar, durante a conferencia de prensa.
G24.gal 19/07/2024 15:34

Era un segredo a voces. A chegada de Borja Iglesias é cuestión de tempo e Iván Villar falou del, en conferencia de prensa, con un "virá". O porteiro de Aldán gabou o que semella que, a falta de oficialidade, será o seu novo compañeiro de equipo. Xa coincidiron no pasado e Villar falou do Panda como unha boa persoa que chegará a Vigo a dar o seu máximo.

Virá aquí a sumar, a axudar e a poñer o seu gran de area para que o equipo sexa mellor

Agora mesmo, os únicos dianteiros centros cos que conta o Celta son Tasos Douvikas e Pablo Durán, xa que semella que o resto de efectivos da punta de ataque van marchar, e que Aspas vai ocupar outras posicións, como xa fixo na pasada tempada.

Coa chegada de Borja Iglesias, serían tres os xogadores a loitar por un posto, e a punta estaría, se non hai sorpresas ou cambios de plans, cuberta. O Celta séguese adestrando para enfrontarse ao amigables que ten antes de comezar a Liga EA Sports contra o Alavés, a falta de movementos no mercado, tanto de chegadas como de máis saídas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos