Publicador de contidos
Publicador de contidos

Borja Iglesias, ovacionado no Villamarín: "O equipo pode dar un paso adiante"

Borja Iglesias, ovacionado no Villamarín: "O equipo pode dar un paso adiante"

Vestiu a camisola do Betis durante catro temporadas e media e o público recoñeceullo cando foi substituído por Douvikas

G24.gal 10/11/2024 16:58

Borja Iglesias volvía ao Benito Villamarín. Alí onde xogou durante catro temporadas e media, onde se converteu nun ídolo como alicerce da conquista dunha Copa do Rei e de onde marchou ao comezo da temporada cedido ao Celta. Non había cláusula do medo para que xogase o encontro e o dianteiro santiagués foi titular. Xogou 67 minutos, cando foi substituído por Douvikas. E levou unha grande ovación. 

Ao final do partido atendeu os micrófonos da canle do club. Para Borja foi unha mágoa non gañar o partido "porque marcar dous goles fóra da casa é moi complicado". Segundo Iglesias, "o equipo está para máis, ten capacidade para dar un paso cara adiante pero hai que conseguilo. Temos capacidade e convicción". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar