Borja Iglesias deixa o Betis para enrolarse no líder da Bundesliga
Borja Iglesias deixa o Betis para enrolarse no líder da Bundesliga
Marcha cedido cunha opción de compra de 8 millóns de euros
O dianteiro santiagués Borja Iglesias será novo xogador do Bayer de Leverkusen. O equipo adestrado por Xavi Alonso é o líder da Bundesliga e asinará esta media temporada como cedido ao xogador galego, cunha opción de compra duns 8 millóns de euros ao final da temporada.
Borja Iglesias, que estivo catro temporadas xogando no Celta B e chegou a debutar co primeiro equipo, estivo as últimas catro temporadas e media vestindo a camisola do Real Betis. Xogou 181 partidos e marcou 52 goles. Era un dos ídolos da afección e tivo a honra de marcar na final de Copa na que logrou a vitoria o cadro bético. Nesta última campaña perdera protagonismo no equipo dun Pellegrino que o deixou fóra de convocatoria para o encontro desta fin de semana.